27 oct 2011

III ROTA DE SENDEIRISMO


Rota de snderismo Tres Bispos, nos Ancares (dificultade media-alta). Farase o domingo 6 de Novembro de 2011, con saída da entrada principal da Facultade de Veterinaria ás 09.00h. Tempo estimado: 09.00 a 19.00h 

Se queres máis información ou anotarte para vir dar unha volta connosco faino no 677134173 ou escribíndonos ao noso correo (aenda@live.com). 


INFORMACIÓN


Quenes somos?
Aenda é unha asociación nacida no ano 2005 e constituída por un grupo de estudantes, con intereses comúns e ganas de fomentar o respecto pola natureza e os que a habitan e conforman.

Que facemos?
Promovemos a defensa dos animais, a defensa do medio ambiente e a conciencia social cara os problemas que afectan aos seres vivos que nos rodean. Para iso levamos a cabo diversas actividades no ámbito universitario e local, tales com: colaboración coa protectora, proxección de documentais, charlas informativas, talleres, roteiros...


Se estás interesado en participar como voluntari@ ou como membro da asociación, contacta con nós en aenda@live.com, calquera axuda é benvida!


Tamén podes atoparnos nas redes sociais!!!