23 may 2012

Fotos Ruta polas Fragas do Eume

A pesar de que a ruta xa foi o 25 de Marzo e que pasaron algúns meses, non queremos deixar de ensinar algunhas das fotos deste día. Ademáis esta ruta ten un especial valor, xa que non moito despois foron os incendios que destruiron sobretodo as zonas polas que nos movimos. Como podedes ver a asistencia foi excepcional, unha compaña moi grata e moi bo ambiente. Ademáis acompañáronnos 3 persoas de ADEGA Ferrolterra que explicaron algúns detalles de interese sobre a zona e o seu valor ambiental. Moitas grazas a todos eles por vir con nós e axudarnos a facer estas rutas aínda máis interesantes.





Taller de Xabón

Durante a semana da USC en Transición, organizouse na facultade de Veterinaria un taller para facer xabóns caseiros con aceite recoclado. AENDA colaborou na sua realización e estas son algunhas fotos da actividade.




21 may 2012

Ruta polo Miño e pola ruta dos muiños do Rio Mera, Lugo

O pasado Xoves 17, AENDA organizou unha ruta polas orillas do Miño e pola "Ruta dos Muiños" do río Mera. A asistencia foi boa e o día prometía. Sol, calor e boa disposición de todos os participantes. Mereceu a pena coñecer un entorno tan próximo a Lugo e con tanta calidade para poder pasar unha tarde paseando polas beiras dos ríos. Ofreceuse aos participantes un tríptico das posibles especies de aves, mamíferos e reptís que se poden observar na zona nesta época do ano, grazas a o autor do blogue Paxaradas que nos axudou a realizalo.

Polo resto as palabras sobran en tanto á beleza e ó natural do lugar, polo que vos ofrecemos as mellores imaxes do día. Aproveitouse tamén a xornada para atopar un "caché" agochado nun tramo próximo o lugar onde paramos a comer. Por isto, AENDA deixou de novo a sua pegada neste xogo a nivel mundial o "Geocaching".




9 may 2012



O martes 15 de maio ás 19:00 ralizaremos un taller no que descubriremos cómo facer papel coas nosas propias mans!!!

Para apuntarvoa enviade un correo a aenda@live.com ou chamade ó 677134173. Animádevos!!  

V ruta de sendeirismo

Invitámosvos a desfrutar dunha ruta interurbana o 17 de maio polo "Río dos muíños", con saída da entrada principal de veterinaria ás 12:00 e regreso sobre as 18:00.
Para apuntarvos enviade un correo a aenda@live.com ou chamade ó 677134173.