30 oct 2013

Roteiro polo Corgo. Domigo 10 de Novembro



¿Quen se apunta?

É un paseo de 5 Km, aproximadamente 2 horas e media de caminata, con un paseo polo entorno, e parada para comer.

Ofrecemos facer a comida para ese día para os que lles apeteza, indicando se son vexetarianos ou non.

Aceptamos que veñan cadelos, sempre baixo a responsabilidade do seu propietario.

Para inscricion antes do 08/11/2013 no tlf 661423606 ou no correo aenda@live.com


10 mar 2013

FOTOS DAS XORNADAS

CRÉDITO: XORNADAS PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE

* PÓDESE RECOLLER O DIPLOMA IMPRESO EN CONSERXERÍA CENTRAL EN VETERINARIA.

 
*INFORMACIÓN PARA OBTER O CRÉDITO

TRABALLO PARA OS SOLICITANTES DO CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN NAS XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE:

O traballo consistirá nun breve comentario sobre un dos temas das ponencias, a libre elección. 


Deberá estar estructurado en introducción-corpo-conclusión. 

A extensión mínima é dunha páxina, e a máxima, 3. 
O tamaño da letra: 12.

O prazo para entregalo estará aberto dende hoxe e pechará o luns 28 de marzo. 

Enviarase en formato pdf a xornadas.veterinaria@gmail.com. Para calqueira cuestión, non dubidedes en contactar con nós a través desa dirección de correo. 

Grazas


4 feb 2013

RUTA DA CERVEXA


ESTE XOVES, DÍA 7, TERÁ LUGAR A RUTA DA CERVEXA, FESTA DO ENTROIDO!! NON O PODES PERDER!! Completa a ruta da cervexa nos tres locais que colaboran: RÍVENDEL, O CUBIL DO LOBO E FUSQUENLLA. Toma unha caña ou un litro en cada un dos bares e leva GRATIS outra caña ou litro. Ademais, ó completar a ruta entrarás automáticamente a participar en varios sorteos sorpresa!!! Queres máis? Pois bótalle unha ollada ós prezos: CAÑAS POR SÓ 1.5€ e LITROS POR 4,5€!!
Pensas que iso é todo? NON! Trae algo relacionado cos animais no teu disfraz e terás un chupito gratis!!!!!
Xa o sabes: este xoves, día 7, tés unha cita con nós. Esperámoste!!!
Para que che resulte cómodo facer a ruta, os horarios están feitos para ti:
O Cubil do Lobo e o Fusquenlla abren ás 00.00, mentres que o Rívendel o fará ás 02.00. Déixate levar pola dirección da noite lucense mentras colaboras con nós. Vémonos!
 

1 feb 2013

XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE

*******ACTUALIZACIÓN ******** CRÉDITO

TRABALLO PARA OS SOLICITANTES DO CRÉDITO DE LIBRE CONFIGURACIÓN NAS XORNADAS DE PROTECCIÓN ANIMAL E MEDIO AMBIENTE:

O traballo consistirá nun breve comentario sobre un dos temas das ponencias, a libre elección. 


Deberá estar estructurado en introducción-corpo-conclusión. 
A extensión mínima é dunha páxina, e a máxima, 3. 
O tamaño da letra: 12. 

O prazo para entregalo estará aberto dende hoxe e pechará o luns 28 de marzo. 

Enviarase en formato pdf a xornadas.veterinaria@gmail.com

Para calqueira cuestión, non dubidedes en contactar con nós a través desa dirección de correo. 

Grazas

*****************************************************************

Dende A.E.N.D.A. estamos co-organizando coa Facultad Veterinaria Lugo unhas xornadas formativas gratuítas para todo aquel que estea interesado. Serán a segunda fin de semana de marzo (días 8, 9 e 10) e terán lugar no auditorio da propia facultade. 

Nelas, pretendemos integrar os aspectos máis representativos sobre os temas dos tres grupos de traballo da asociación: Protección Animal, Medio Ambiente e Fauna Silvestre.
Está CONCEDIDO un Crédito de Libre Configuración para todo aquel estudante de licenciatura da USC que o desexe. Para a obtención do crédito será precisa a asistencia e a realización dun pequeno comentario crítico que se poderá entregar o longo da semana.

Poderedes consultar o programa en http://aendalugo.blogspot.com.es/
Para inscribirvos podedes acceder directamente ó formulario pinchando en https://docs.google.com/forms/d/1bLJnmP2dlUUVEcW1Wp_PMAQ_K9ao9cjOVJp16cr16Cs/viewform
 

Para calquer cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nós mediante o correo xornadas.veterinaria@gmail.com ou a través do número de teléfono 677 227 153.

Hai moitos motivos polos que non podedes faltar: trátase dunha iniciativa que xorde de estudantes, a nivel formativo é unha boa oportunidade para ir máis alá do que se aprende nunha aula, é accesible económicamente (xa que son gratis)... En fin, busca o teu e inscríbete xa!






 Queremos agradecer a outras asociacións que colaboran facendo posible este curso tales como: CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) , SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) , GEAS (Grupo de Estudio de Animales Silvestres) , AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio), Saramaganta, e outros poñentes a nivel individual que invertirán o seu tempo en axudarnos a ampliar os nosos coñecementos. A todos eles, GRACIAS.



28 ene 2013

PREMIADOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

En primeiro lugar felicitar ós premiados e, en segundo lugar, deben contactar con nós mediante o correol para aceptar o premio e concertarmos o día para a súa entrega

CATEGORÍA PAISAXE:

Autor: Carlo Ametrano

CATEGORÍA FAUNA E FLORA:
Autor: Cristian Rodríguez

CATEGORÍA DENUNCIA AMBIENTAL:
Autor: Jose Manuel Nieto