DOCUMENTOS

  • Receita de xabón a partir de aceite usado:
    • Neste documento (que como todos os aquí colgados podedes descargar, imprimir e difundir a vontade) están escritas dúas receitas (xabón en pastillas ou en xel) para facer xabón a partir de aceite usado e así reutilizar un dos nosos principais refugallos. Son receitas moi básicas, que nós xa probamos e que cada quen pode cambiar un pouco e perfeccionar moito na súa casa en función de resultados. Admítense suxerencias!!! Tamén podedes atopar moitas outras receitas, tanto na páxina de onde extraemos nós esta -zonamanualidades. com- , como en moitas outras páxinas. 
    • Ollo! Non tiredes o aceite polo fregadoiro!!! Gardádeo en botellas e botádeo no contenedor do lixo ou en contenedores específicos de recollida de aceite que hai en moitos concellos, como o de Lugo.

  • Boletín 1:
    • a divulgación da información, de calquera índole, é unha das meirandes ferramentas que temos para loitar contra calquera inxustiza (social, económica, do entorno), por iso, propuxémonos comezar a divulgar esta información en pequenos pasquíns ou boletíns. Este primeiro trata 2 temas de forma somera: 
      1. A producción ecolóxica
      2. A conservazón de espazos protexidos (lexislación galega)



  • Testan/Non testan
    • cada ano téstanse unha gran cantidade de productos (limpeza, perfumería...) en animais, pero existen alternativas que non producen case ou ningún sufrimento nas animais. Dende AENDA alentamos a exercer consumo responsábel con estas marcas, xa que en verdade son moitas as que xa non o fan. Todos os productos que podedes atopar no documento pódense atopar en Lugo. 
    • Como na actualidade tod@s, en maior ou menor medida mercamos marcas brancas, aquí tamén se inclue a dirección cara unha wiki (marcasblancas) que nos dirá quen fabrica ou deixa de fabricar para elas. Que sexa de interese.
    • Outros links de interese: