QUENES SOMOS


Quenes somos?
Aenda é unha asociación nacida no ano 2005 e constituída por un grupo de estudantes, con intereses comúns e ganas de fomentar o respecto pola natureza e os que a habitan e conforman. Estamos abertos a todos os que queiran traballar connosco. Non nos lucramos con ningunha das nosas accións.
O noso ámbito de actuación é a cidade de Lugo, xa que buscamos traballar só a nível local, conscientes de que aínda así é difícil, pero non menos importante.

Que facemos?
Promovemos a defensa dos animais, a defensa do medio ambiente e a conciencia social cara os problemas que afectan aos seres vivos que nos rodean. Para iso levamos a cabo diversas actividades no ámbito universitario e local, tales como: colaboración coa protectora, proxección de documentais, charlas informativas, talleres, roteiros...

Contacto:
Se estás interesado en participar como voluntari@ ou como membro da asociación, contacta con nós en aenda@live.com, ou no noso local baixo a aula de 5º da facultade de veterinaria de Lugo, fronte a aula de teatro.

Tamén podes atoparnos nas redes sociais!!!